Esta materia ofrece unha teoría e prática da musealización de bens, xacementos e paisaxes arqueolóxicos. Explícanse as implicacións conceptuais e metodolóxicas da posta en valor dos bens histórico-arqueolóxicos, ó tempo que se presentará unha casuística tirada do mundo clásico, da Hispania antiga e da Galecia castreña e romana. Aos alumnos deste curso ábreselles tamén a posibilidade de traballaren e estudaren a museografía arqueolóxica doutras idades.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías