Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Departamento profesorado máster Química
Coordinación
Turnes Carou, Maria Isabel
Correo electrónico
isabel.turnes@udc.es
Profesorado
Turnes Carou, Maria Isabel
Correo electrónico
isabel.turnes@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia encádrase na especialidade de técnicas analíticas avanzadas, e nela impartiranse coñecementos avanzados de cromatografía, novas tendencias e outras técnicas non cromatográficas de separación, tales como a electroforesis capilar e o fraccionamiento en campo-flujo
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Os contidos nos se modifican.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
En principio non se cambian. Se fose necesario axeitaranse os escenarios previstos.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Dacordo coas “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021” e coas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, curso 2020-2021”, diferencianse tres escenarios.
- Escenario 1 (normalidade adaptada): non existen restricións á presencialidade física e tanto a docencia expositiva como a interactiva será preferentemente presencial.
- Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física), no que a docencia expositiva poderá realizarse total ou parcialmente de xeito virtual, ben con mecanismos síncronos ou asíncronos. En canto á docencia interactiva, combínase a presencialidade física coa telemática.
- Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física), tanto a docencia expositiva como a interactiva (seminarios, titorías) desenvolveranse completamente de xeito virtual, ben con mecanismos síncronos ou asíncronos.
- Tódalas actividades realizadas en remoto serán vía Microsoft Teams e/ou Campus Virtual da UDC.
- A información relativa compartirase vía Microsoft Teams e Campus Virtual da UDC.
- Respectaremos, na medida do posible, o calendario e horario previstos para cada actividade.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
o seguimento personalizado realizarase a través do correo electrónico, a plataforma Moodle ou a ferramenta TEAMS, a demanda do alumnado e, na medida do posible, no horario establecido para as titorías. Para os estudantes con dedicación a tempo parcial ou modalidades específicas de aprendizaxe ou apoio á diversidade, facilitarase a atención personalizada dentro da flexibilidade permitida polos horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos.
4. Modificacións na avaliación
As porcentaxes de valoración indicadas na guía docente aplicaránse nos tres escenarios posibles, tendo en conta as seguintes consideracións:
- Exame: no escenario 1 terá carácter presencial; no 2 terá carácter presencial sempre que sexa posible; no 3 terá lugar por vía telemática. Será sempre complementario á avaliación continua nas condicións descritas antes.
*Observacións de avaliación:
Manteñense as indicadas na guía docente
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se farán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías