Esta materia pretende que os alumnos adquiran os coñecementos sobre o medio físico que lles serán necesarios para o desenvolvemento da súa carreira profesional como biólogos. O medio físico (os procesos xeolóxicos internos e externos e os riscos asociados) constitúe a base física dos ecosistemas, das comunidades biolóxicas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
ningunha
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Docencia expositiva, docencia interactiva en grupo reducido, prácticas de laboratorio
*Metodoloxías docentes que se modifican
A saída ao campo substituirase por unha actividade relacionada coa zona de estudo, mediante vídeos e imaxes, e a elaboración dunha memoria descritiva.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
titorías por correo electrónico ou Teams
4. Modificacións na avaliación
ningunha
*Observacións de avaliación:
as probas obxectivas sobre os contidos teóricos terán un caracter eminentemente integrador, e centraranse en reflexións sobre os contidos teóricos
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
non hai
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías