Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Deseño Sonoro Código 616G02008
Titulación
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Piñeiro Otero, Maria Teresa
Correo electrónico
teresa.pineiro@udc.es
Profesorado
Piñeiro Otero, Maria Teresa
Correo electrónico
teresa.pineiro@udc.es
Web
Descrición xeral A materia 'Deseño Sonoro' brinda a formación que permita ao alumnado coñecer e analizar os compoñentes do son e as súas posibilidades expresivas, tanto en contidos sonoros como na súa relación coa imaxe; manexar os códigos sonoros e da música en animación e videoxogos, nos seus diferentes xéneros e formatos; e abordar o deseño sonoro íntegro destes produtos audiovisuais atendendo a cuestións de tipo narrativo, estético e funcional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas *Metodoloxías docentes que se modifican A presentación oral poderia facerse gravada en diferido sempre que, por causas xustificadas, o estudantado tivese dificultades para a conexión e defensa do proxecto final coa solvencia requerida. Neste caso apostaríase por un repositorio de presentacións gravadas para que o estudantado poida efectuar a avaluación dos proxectos dos seus compañeiros segundo rúbrica. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando e os exercicios planteados nas clases expositivas. Dispoñen    de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias e, de ser o caso,“foros de actividade específica”. Teams: unha sesión semanal de toda a clase, para o desenvolvemento de contidos teóricos, e outra sesión para grupos medianos na franxa horaria sinalada a materia no horario. Asemade no horario oficial de titorías haberá a posibilidade de establecer interaccións individuais e grupais nesta plataforma para o seguimiento e apoio dos trabalos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Mantéñense os mesmos mecanismos de avaliación e ponderación previstos na guía docente *Observacións de avaliación: A única modificación na avaliación estaría vinculada á presentación oral do proxecto final, en tanto a súa “virtualización” faría precisa a atención a algún aspecto non tido en conta de ser presencial. En calquera caso, os criterios de valoración sinalaranse no momento de presentación da actividade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. No caso daquelas obras que non teñan versión dixital aportaranse aqueles fragmentos precisos para a comprensión da materia a través do campus virtual.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías