O obxectivo xeral desta materia é coñecer e entender os procesos na realización dunha investigación mediante enquisa tanto no ámbito académico coma noutros ámbitos profesionais: desde o deseño, á posta en práctica, á análise dos datos e ao informe de resultados.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral (non computará na nota)
Prácticas de laboratorio (computará na nota)
Proxecto de investigación (computará na nota)
Proba obxectiva (computará na nota)
Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
Presentación oral: non se realizará. A avaliación desta metodoloxía incorpórase á realización do proxecto de investigación, que se acompañará dunha presentación power-point do traballo.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para calquera tipo de consulta relacionada coa asignatura e solicitar titorías virtuais. A menos que haxa problemas técnicos, todas as comunicacións individuais se deberán dirixir preferentemente por esta vía.
- Moodle: Diariamente. Para promover a participación do alumnado e a compresión dos contidos usaranse os foros temáticos asociados aos módulos da materia, na que o estudantado poida formular as consultas necesarias. Estes foros tamén se abriran para a comunicación sobre os traballos de investigación (só accesibles aos membros do grupo), de maneira que se poida facer o seguimento do traballo de investigación.
- Teams: unha sesión semanal para todos/as alumnos/as na que se discuten os contidos teóricos, na franxa horaria que tén asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Outra sesión semanal en grupos reducidos na que se levan a cabo as prácticas de laboratorio, tamén na franxa horaria que tén asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Ademais do uso de voz, promoverase o uso do chat entre os alumnos para que a resolución de dúbidas sexa o máis eficiente posible. Unha vez ao mes aproximadamente organizarase unha sesión de Teams con cada un dos grupos dos traballos de investigación para completar o seguimento realizado a través de Moodle.
4. Modificacións na avaliación
Prácticas de laboratorio (10%)
- Entrega de dúas prácticas nas datas establecidas
Proxecto de investigación (50%). En relación ao proxecto de investigación valorarase:
- A adecuación da metodoloxía aos obxectivos da investigación
- O axuste entre os obxectivos e os conceptos a medir
- A calidade da operacionalización
- A calidade do cuestionario
- O uso adecuado do software para a realización do cuestionario online
- O uso das técnicas estatísticas adecuadas para a análise dos datos
- A presentación dos resultados
- A calidade da presentación power-point (que substitúe a presentación oral)
Proba obxectiva (40%): comprenderá preguntas curtas e/ou de resposta múltiple, administrarase online en formato enquisa.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, cambiando o peso de cada unha das partes na avaliación global, tal e como se indica máis arriba. Unicamente non computarán na nota final a participación nas sesións maxistrais.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Os materias de traballo poñeranse a disposición de forma dixitalizada no Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías