O enfoque da materia oriéntase á aplicación práctica dos métodos numéricos en estudos de estabilidade e de comportamento estrutural vinculados a edificacións con valor histórico e obras de rehabilitación en xeral. Desenvólvense así competencias instrumentais útiles en labores periciais ou no momento de valorar comparativamente a incidencia de diferentes alternativas de intervención.
Plan de continxencia
Formúlase un único plan de continxencia, previsto para posibles situacións en que o contexto sanitario, a limitación de capacidade dos espazos académicos ou outras causas deriven nunha transición ben a unha docencia híbrida ben a un escenario de total non presencialidade.
1 MODIFICACIÓN DE CONTIDOS
Non se realizarán cambios neste punto.
2 METODOLOXÍAS
METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MANTEÑEN
Todas as contempladas na redacción orixinal da guía: sesión maxistral, obradoiro, solución de problemas e traballos tutelados.
METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MODIFICAN
Non se contempla ningunha modificación, entendendo que as metodoloxías previstas serán desenvolvidas en liña.
3 MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO
Moodle aloxará un foro virtual específico mediante o cal o estudiantado poderá formular preguntas e interactuar. O profesorado responderá ás posibles consultas ben no propio foro ben durante as sesións en liña que se programen.
Utilizarase igualmente Teams a efectos de establecer canles de comunicación individualizada e/ou en grupo, a fin de resolver dúbidas e de analizar a progresión dos traballos tutelados.
4 MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN
Non se expón ningunha modificación nos criterios de avaliación, ao ser esta de carácter asíncrono. Como excepción, e á vista das posibles dificultades que poden enfrentar os estudantes, o requirimento de asistencia mínima poderá ser substituído, a petición do estudante, por unha carteira dixital que facilite o seguimento do seu traballo.
5 OBSERVACIÓNS DA BIBLIOGRAFÍA OU WEBGRAFÍA
Non se realizarán cambios neste punto.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías