A materia pertence ao Bloque de Formación Básica, orientada a coñecer a Fisiopatoloxía das enfermidades, identificando e definindo as manifestacións que aparecen ao longo do proceso, as estratexias diagnósticas a partiren dos síntomas e signos cardinais e os tratamentos médico-cirúrxicos, fundamentalmente nos seus aspectos fisioterapéuticos e ortopédicos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: Non se modifican
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas, no caso de que a docencia presencial sexa posible, agás as titorías (ver despois).
*Metodoloxías docentes que se modifican:
No caso de que a docencia presencial non sexa posible:
- As clases maxistrales se divulgarán mediante presentacións comentadas a traverso da plataforma Moodle, seguidas de sesiones online (Teams) para a resolución de dudas.
- As titorías se levarán a cabo exclusivamente por vía telemática (correo electrónico, Teams). Esta condición se manterá inda que sexa posible a docencia presencial
- A proba final realizaríase online (Teams e Moodle)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: Disponible diariamente, tanto para facer consultas como para programar reunións telemáticas por outras vías
- Plataforma Moodle, tamén disponible de xeito continuado, a traverso do Foro de Novas e a asignación de tarefas
- Teams: A demanda. Vía principal para as titorías que vaian máis aló dunha simple consulta (ex. traballos tutelados), e tamén para titorías e tarefas de grupo.
4. Modificacións na avaliación:
Se non fora posible a docencia presencial, non se cuantificarán as faltas, manténdose a avaliación continuada en relación a participación por vía telemática. Se manterá a distribución dos apartados de avaliación, levados a cabo por vía telemática. A proba principal e a proba práctica, que xuntas representan o 90% da cualificación final, levaranse a cabo a Traverso das plataformas Teams e Moodle.
*Observacións de avaliación:
Non hai
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Manténse a básica da Guía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías