Metodoloxía do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria
Código
652608822
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
Anual
Primeiro
Obrigatoria
4
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación Letras
Coordinación
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Correo electrónico
xulio.pardodeneyra@udc.es
Profesorado
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Peñasco González, Sandra
Correo electrónico
xulio.pardodeneyra@udc.es
sandra.pgonzalez@udc.es
Web
Descrición xeral
Cadeira que ten por obxectivo mostrar ao alumnado as diversas focaxes metodolóxicas existentes para o ensino de linguas e literaturas e reflexionar sobre a súa idoneidade no marco da didáctica das linguas e literaturas galega e castelá na Educación Secundaria.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos.
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Sesión maxistral.
- Discusión dirixida (computa na avaliación).
- Traballos tutelados, con atención personalizada (computa na avaliación).
- Atención personalizada.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
- Proba mixta. Non se realizará, xa que a súa función de avaliación dos coñecementos se incorpora á metodoloxía dos «Traballos tutelados».
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de «foros temáticos asociados aos módulos», para formular as consultas necesarias. Tamén hai «foros de actividade especifica» para desenvolver as «discusións dirixidas», a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
- Teams:
- Unha sesión semanal en gran grupo para avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados; a sesión terá lugar na franxa horaria asignada á materia no calendario de aulas da facultade.
- De unha a dúas sesións semanais (ou máis, segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (até 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación
- Á hora de computar a asistencia, só se terán en conta as sesións que tivesen lugar antes da suspensión das actividades presenciais.
5. Modificacións da bibliografía e webgrafía. Arriquecerase cos contributos do profesor
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías