1. Desenvolvemento das competencias en expresión oral, lectura e escritura en lingua castelá. Coñecemento e dominio de técnicas de expresión oral e escrita.
2. Características da aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
3. Desenvolvemento e avaliación de contidos curriculares de lingua castelá a través dos recursos didácticos axeitados.
4. Adquisición de formación literaria e de coñecementos básicos de Literatura Castelá.
5. Panorámica actual da Literatura Infantil e Xuvenil en lingua castelá.
6. Literatura e aprendizaxe lingüística. A utilización escolar dos diferentes xéneros literarios e doutros textos. A biblioteca na aula.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
– Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen:
-Mantéñense todas as metodoloxías
Metodoloxías docentes que se modifican:
-Non se modifica ningunha metodoloxía
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
– Correo electrónico: en horario lectivo. Pode empregarse para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: en horario lectivo. Crearanse foros e tarefas para o intercambio de opinións do alumnado e para poñer en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. A través de presentacións e lecturas propostas explicaranse os contidos. Asimesmo achegarase bibliografía específica dos diferentes temas expostos en caso de que o estudantado non poda acceder a ela.
– Teams: cando se requira por parte dos/as alumnos/as, sempre no horario de titorías da profesora ou no marco horario da materia.
4. Modificacións na avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
-As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (70%).
b) Resumo/ reflexión individual (30%)
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (70%).
b) Resumo/ reflexión individual (30%)
C) Alumnado non presencial:
a) Proba mixta (100)%
b) En casos excepcionais e previa autorización por parte da docente, os /as estudantes non presenciais poderán realizar o traballo de modo individual e o resumo/reflexión individual.
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación.
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
- Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías