O obxectivo da materia é describir, detallar e coñecer os elementos principais da xestión de intermediación e distribución dos produtos e servizos turísticos nas axencias de viaxes, físicas e virtuais, tendo en conta o espazo no que se desenvolven na actualidade, as infraestruturas, o marco legal, as novas tecnoloxías e os procedementos operativos.
Plan de continxencia
1. MODIFICIACIÓNS NOS CONTIDOS:
– Non se realizan cambios
2. METODOLOXÍAS
2.1. METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MANTEÑEN:
- Mantéñense os horarios segundo o calendario escolar de teóricas e seminarios facendo a exposición do contido da materia ó alumando a través dun powerpoint, que se colgará en moodle coa información ampliada para o seu posterior estudio/consulta.
- Mantéñense as titorías de atención persoalizada levadas a cabo por subgrupos segundo o calendario escolar establecido.
- Mantense a atención persoalizada ó alumando que así o solicite.
2.2. METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MODIFICAN:
- Nas teóricas e seminarios, faise a exposición do contido ó alumnado a través de powerpoint vía Microsoft Teams, que se colga en Moodle coa información ampliada para o seu posterior estudo/consulta. Cólgase material de apoio (vídeos a través de Microsoft Tams ou Moodle).
- As titorías, levadas a cabo por subgrupos segundo o calendario escolar establecido realízanse vía Microsoft Teams. Cólgase material de apoio (vídeos a través de Microsoft Tems ou Moodle).
- A atención persoalizada ó alumnado que así o solicite levarase a cabo mediante correo electrónico, Moodle ou Microsoft Teams.
3. MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSOALIZADA Ó ALUMNADO:
Válidas para todo o alumando:
a) Alumnado con dedicación completa
b) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212)
Empregarase O Correo electrónico, Moodle e Microsoft Teams segundo se detalla a continuación:
- Correo electrónico:
Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle:
Diariamente. Segundo a necesidade do alumando.
Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
- Microsoft Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo, para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN:
- O exame final: suprímese polo que non terá peso na calificación da asignatura; e a parte práctica pasa a ter un peso na cualificación da materia do 100%:
Os traballos a realizar na guía docente inicial tiñan un peso do 50% e o exame final tiña un peso de outro 50%. En caso necesario ante unha nova situación de emerxencia o alumando non se someterá á avaliación do exame final e a parte de traballos pasará a ter un valor do 100% na calificación final da materia (a calificación máxima será de 10 puntos sobre 10, e calificación mínima para superar a materia será de 5 puntos sobre 10). A calificación final da materia obterase da suma das calificacións obtidas en cada un dos traballos, que pasarán a duplicar o valor máximo da calificación que incialmente se lles otorgara para alcanzar de este modo un total máximo de 10 puntos, en lugar dos 5 puntos máximo inicialmente previstos.
Aclaración importante: Os traballos non presentados restan sobre a calificación dese traballo su misma puntuación máxima asignada).
4.1. OBSERVACIONS DA AVALIACION:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
- SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
- Elaboración e presentación dos traballos tutelados e análise de fontes documentais con presentación telemática daqueles indicados polo profesor (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
- Elaboración e presentación dos traballos tutelados y análise de fontes documentais con presentación telemática daqueles indicados polo profesor (100%).
- REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
a) Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
b) Obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 (ou equivalente) en la parte objeto de evaluación ( traballos tutelados e análise de foentes documentais con presentación telemática daqueles indicados polo profesor).
c) Entregar os traballos tutelados e análise de fontes documentais con presentación telemática daqueles indicados polo profesor na data que se fixe.
d) A 2ª oportunidade estará sometida ós mesmos criterios que a 1ª portunidade
5. MODIFICACIÓN DA BIBLIOGRAFÍA OU WEBGRAFÍA:
- Non se realizarán cambios. Disporán de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías