Esta asignatura pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado desenvolver un coñecemento de: cálculo diferencial, cálculo integral, series numéricas e funcionais, series de Fourier e unha pequena introdución á álxebra lineal.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos
2. Metodoloxías
No caso de confinamento da poboación a modalidade docente pasaría a ser Non Presencial.
*Metodoloxías docentes que se modifican
(i) A adaptación a realizar en caso de non presencialidad causada por gromos da enfermidade: a docencia se transmitirá por Teams e será grabada.
(ii) Adaptación prevista no centro para os casos nos que se supere o aforo permitido na aula asignada para a materia: asignación das aulas necesarias para respectar os límites de aforo e as sesións se impartirán por Teams para o alumnado que non se atope na mesma aula que o profesorado, é dicir, que estea nas aulas asignadas a maiores e denominadas "aulas espello".
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
O alumnado será atendido mediante correo electrónico e a través de Teams en horario laboral.
4. Modificacións na avaliación
(i) No caso de que proba mixta final se realice na modalidade Non Presencial (debido ao confinamento da poboación) o peso da avaliación continua será dun 70% (35 puntos para prácticas TIC e 35 puntos para resolución de problemas) e a proba mixta final dun 30%. A proba mixta será síncrona vía Teams.
No caso de que a proba mixta final se realice na modalidade Non Presencial (debido ao confinamento da poboación), porase un Non Presentado a aqueles alumnos/as que non se presenten á proba mixta final e que teñan menos de 50 puntos na avaliación continua
(ii) No caso de que a proba mixta final se realice na modalidade Presencial, a avaliación na asignatura non se modifica. Aqueles alumnos que estean illados por mor dun gromo debido á enfermidade, realizarán a proba mixta final noutra data dentro do período de exames oficial fixado pola Universidade.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios.
Adaptación prevista no centro para os casos nos que se supere o aforo da aula asignada para a materia: a adaptación consistirá na atribución de dúas ou máis aulas á materia e a impartición da clase a través de TEAMS para o alumnado que non estea na aula co profesorado da asignatura.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías