Neste módulo tratarase de ofrecer ao alumnado unha visión dos diferentes xeitos de resolución dos conflitos xurídicos susceptíbeis de xurdir na práctica xurídico-empresarial. Os mecanismos de resolución de conflitos pódense clasificar en xurisdiccionais e extraxurisdiccionais. En canto aos primeiros, ofrecerase unha visión dos procesos civís máis específicos da actividade empresarial, así como dos procesos laborais máis salientábeis. Farase especial incidencia tamén na resolución dos conflitos fóra do ámbito xudicial, os chamados métodos alternativos de resolución de conflitos, que veñen cobrando cada vez maior auxe, ao se presentaren como métodos eficientes de solución das controversias xurídicas, diante da endémica lentitude da xustiza estatal. Por último, parte da docencia ocuparase da resolución da crise empresarial a través dos mecanismos concursais e para-concursais.
Procurarase que o estudantado adquira unha visión xeral da materia que o capacite para acudir aos instrumentos procesuais ou extra-procesuais máis axeitados segundo o caso concreto, así como un coñecemento específico das institucións máis comúns na actividade empresarial. Estes obxectivos tentaranse cubrir dende a dupla perspectiva teórico/práctica, de xeito que, en primeiro lugar, se afiancen e amplíen os coñecementos que o estudantado ten xa adquirido no grao para que, en segundo lugar, desenvolva as competencias necesarias para aplicar os coñecementos teóricos ao caso concreto, a través dos talleres e prácticas a realizar.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Facilitación de materiais vía moodle
*Metodoloxías docentes que se modifican
As sesións síncronas se impartirán a través de Teams
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A forma de comunicación habitual é a través de correo electrónico. Se é necesario se concertarán titorías síncronas a través de Teams a petición do/da estudante.
4. Modificacións na avaliación
A avaliación seguirá consistindo na entrega de traballos que serán entregados a través de moodle ou por correo electrónico
*Observacións de avaliación:
A asistencia se referirá ao seguimento das sesións vía Teams
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías