Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A5 A14 A16 B2 Traballo reflexivo do estudante que se pode facer de maneira individual ou en pequeno grupo e no que se reflicten as dinámicas das sesións interactivas en relación cos elementos abordados nas sesións expositivas.
O portfolio pretende ser a memoria documentada dun proceso creativo e educativo, no que se recolle a súa evolución, de tal maneira que sexa posible apreciar un “relato coherente” que permita recompoñer unha determinada traxectoria temática.
As competencias que se pretende valorar a través da realización e presentación do Portfolio teñen que ver coa capacidade de análise, síntese, reflexión e interpretación de situacións, información relevante, etc.
Os criterios de avaliación son:
-Profundidade da reflexión a partir da propia participación nas dinámicas desenolvidas nas sesións interactivas.
- Grao de relación co marco teórico de referencia aportado nas sesións expositivas e nas lecturas recomendadas para cada temática.
60
Proba de ensaio A1 A3 A5 A14 A16 Comentario de texto que pretende a comprobación sobre o grao de desenvolvemento de distintas competencias asociadas á materia. Terá en conta o desenvolvemento dos contidos presentados nas sesións maxistrais e traballados nas actividades realizadas polo alumnado. A súa realización pódese apoiar na documentación achegada e noutras lecturas realizadas. É posible levar a documentación para a súa consulta no momento de realización da proba.
Os criterios de avaliación relacionados con esta proba son:
- Identificación da/s idea/s principai/s e secundaria/s do texto a través dun resumo breve. Se se empregase a modo de resumo un mapa conceptual ou un esquema deberán ser suficientemente completos e explicativos respecto dos conceptos/ideas e da súa relación (estrutura do texto). Valórase, por tanto, a capacidade descritiva e de síntese.
- Ampliación dos conceptos ou ideas contidas no texto de referencia, e a súa asociación con outros conceptos e/ou ideas, ou o seu contraste –matizacións ou puntos de vista encontrados- que outros autores/as defenden, estimando a capacidade argumentativa.
- Cando empreguemos os argumentos dun autor ou autora (ou os datos e/ou propostas dun estudo/informe concreto) coas nosas propias palabras citaremos a fonte.
40
 
Observacións avaliación
<p> Para aprobar a materia será preciso que cada un dos elementos de avaliación estean aprobados. Se algún dos elementos está aprobado e o outro non, gardarase para a segunda oportunidade a cualificación do elemento aprobado e só terá que recuperar o suspenso.&nbsp;</p><div>Para o alumnado que por razóns debidamente acreditadas (alumnado matriculado a tempo parcial ou ao que sobreveña algunha continxencia laboral e/ou persoal) non teña unha asistencia sistemática, fundamentalmente ás sesión interactivas, admítirase a dispensa académica, cunha asistencia mínima do 25%. A avaliación consistirá na proba de ensaio, vía comentario de texto, coas características e criterios citados e a realización do portafolios orientarase cara a lecturas coas correspondentes reflexións arredor das temáticas abordadas na materia. Ao alumnado daráselle unha guía relacionada coas temáticas e lecturas de referencia para orientar as reflexións.&nbsp;</div>