Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Saídas de campo
Discusión dirixida
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
Durante as sesións de aula vanse realizar distintas propostas de traballo en pequenos grupos que permitirán a interacción de todos os membros así como a oportunidade de aportar e implicarse na construción dos coñecementos.

Nestas sesións valórase a participación e implicación do alumnado, a defensa de argumentos en base aos textos propostos e os traballos colaborativos entregados.