Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Análise pautado e dirixido, de carácter individual ou grupal de determinada información bibliográfica ou audiovisual.
Discusión dirixida Posta en común das fontes documentais analizadas para sacar conclusións. Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social".
Presentación oral Consistirá na exposición pública das conclusións de traballos de grupo ao resto do alumnado.
Estudo de casos Proporanse casos reais dos medios de comunicación ou simulacións ou documentos audiovisuais para a súa análise.
Actividades iniciais Faranse actividades introdutorias con diversos soportes ou metodoloxías: debates, formulación de hipóteses, simulacións dramatizadas, visionado de películas.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo, neste caso a colaboración establecerase cun centro educativo, e será unha das alternativas para poder realizar un estudo de caso, sobre unha situación real, propoñendo alternativas e interactuando coa institución na que se fará o servizo.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta que se produza nun caso hipotético, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible alternativa de intervención. Esta será a outra alternativa mediante a cal se poderá presentar o estudo de casos.
Proba de ensaio Consistirá en propostas de resolución de casos prácticos ou de análise dos mesmos a elaborar de xeito individual.