Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A7 A9 A10 A12 A14 A17 A18 A20 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 Este tipo de traballos, serán iniciados na aula polo alumnado e completados de forma autónoma de ser necesario. Será avaliado o seu contido tomando en consideración os criterios seguintes, entre outros:

- Estrutura: coidado da presentación (respecto polo formato), organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Grao de comprensión das ideas básicas da materia.
- Dominio conceptual e uso apropiado do vocabulario da materia.
- Emprego de fontes bibliográficas variadas e corrección na citación das fontes.
- Capacidade de relación dos contidos entre sí e con outro material consultado.
- Coherencia entre os diferentes apartados.
- Grao de afondamento de cada un dos apartados e relación co abordado na aula.
15
Proba mixta A5 A8 A10 A11 A14 A17 B1 B5 B6 C1 C4 C6 A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia, polo que estará composta tanto por preguntas pechadas como abertas. Estas últimas serán de carácter breve e valorarase especialmente a capacidade tanto de concreción e síntese, como de relación cos contidos analizados tanto nas sesións expositivas como interactivas. Valorarase igualmente a organización da información, a coherencia e a comprensión dos contidos. 50
Portafolios do alumno A5 A7 A8 A9 A10 A14 A17 A18 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 O portafolios do alumno/a ou plan de comunicación será avaliado en relación tanto ao contido do traballo como á súa exposición na aula. Nese senso, en relación ao contido do mesmo avaliarase, tomando en consideración entre outros criterios, os seguintes:

- Estrutura: coidado da presentación (respecto polo formato), organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Grao de comprensión das ideas básicas da materia.
- Dominio conceptual e uso apropiado do vocabulario da materia.
- Emprego de fontes bibliográficas variadas e corrección na citación das fontes.
- Capacidade de relación dos contidos
- Coherencia entre os diferentes apartados
- Grao de afondamento de cada un dos apartados e relación co abordado na aula.
25
Presentación oral A7 A10 A11 A12 A14 A17 A20 B1 B5 B6 C1 C4 C6 Con respecto ás exposicións na aula por parte do alumnado, tomarase en consideración o seguinte á hora de avaliar:

– Relevancia, pertinencia e organización coherente dos contidos expostos.
– Emprego de apoios audiovisuais ou outros recursos que faciliten o seguimento do discurso por parte da persoa oínte.
– Nivel de coordinación do grupo (nas exposicións grupais).
– Nivel de comprensión dos contidos básicos da materia e capacidade de expresión coherente dos mesmos.
– Claridade expositiva.
10
 
Observacións avaliación

Para
superar a materia será necesario acadar cando menos, 5 puntos sobre 10 en cada
un dos elementos anteriores (media dos traballos tutelados; portafolios e proba mixta)
. En caso
de non acadar dita puntuación en todas e cada unha das evidencias que se
requiren, o alumnado non terá superada a materia.

Todos
aqueles traballos que se detecte que non son orixinais ou que están plaxiados
de outros autores/as serán cualificados como non aptos, sendo a súa nota un 0
. No caso de tratarse do traballo final da materia, esta
situación virá aparellada coa nota de suspenso no devandito traballo, o que
implicará que a materia non está superada. No caso dos traballos tutelados, se
o alumnado realiza máis de dúas entregas con estas características terá tamén a
nota de 0 nos traballos tutelados, polo que non estará en condicións de superar
a materia.

O alumnado que conte co
recoñecemento de dedicación a tempo parcial
segundo establece a “Norma que regula o réxime de
dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC (Artigos 3ºb e 4º.5) do
29/05./2012 e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario” (Artigos 3º e 8ºb)
do 28/09/2016, poderá facer un seguimento non presencial da materia empregando a Moodle. Deberá realizar igualmente tódalas evidencias sinaladas
anteriormente
(traballos tutelados; portafolios do alumno/a e proba mixta),
mais de xeito individual
. Deberá respectar igualmente as datas de
entrega
propostas para o alumnado asistente en cada un dos traballos tutelados a
realizar, facendo así un seguimento continuo da materia. En caso contrario, os traballos figurarán como non presentados, sendo
esta mesma a calificación a obtida na materia.

Manifestado isto, cabe mencionar que a avaliación contempla dúas opcións en función do nivel de asistencia:

Opción A. Dirixida a aquel alumnado que asiste/participa nas actividades de clase de forma ordinaria (asistencia mínima requirida do 80%):

- Elaboración dos traballos individuais ou en pequeno grupo: 15% da nota final

- Elaboración do portafolios/plan de comunicación: 25% da nota final

- Presentación oral dos traballos tutelados e do portafolios/plan de comunicación: 10% da nota final

- Proba escrita sobre os contidos da materia: 50% da nota final. 

Opción B. Dirixida a aquel alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase de forma ordinaria (asistencia inferior ao 80%):

- Elaboración dos traballos individuais ou en pequeno grupo: 20% da nota final.

- Elaboración do traballo final: 30% da nota final.

- Proba escrita sobre os contidos da materia: 50% da nota final.