Metodoloxías Descrición
Mapa conceptual O alumnado confeccionará un mapa conceptual no que establecerá as relacións dos conceptos aprendidos na materia
Análise de fontes documentais O alumnado buscará na rede información e documentos necesarios para realizar os exercicios propostos na aula
Discusión dirixida O alumnado discutirá sobre as situación sociolaboral actual, as políticas de emprego desenvolvidas e o seu rol como educadores/as á hora de levar a cabo unha orientación laboral
Portafolios do alumno O alumnado recollerá nun portafolio os exercicios realizados durante o período da materia. Este portafolio servirá para avaliar ao alumnado e conterá tamén unha valoración final das aprendizaxes realizadas.
Traballos tutelados O alumnado elaborará distintos exercicios propostos na aula baixo a supervisión do profesor
Lecturas O alumnado terá que introducirse no hábito de lectura como fonte de actualización profesional importante para a toma de decisións con fundamento, para isto consultará diariamente o DOG na busca de información relevante para a materia
Sesión maxistral O profesor explicará os conceptos teóricos da materia utilizando tamén o diálogo dirixido e facendo partícipe ao alumnado nas clases, de xeito que resulten máis dinámicas e interactivas
Seminario Forma parte do Programa Piloto para a docencia en galego no Grao de Educación social. A súa finalidade é dupla. Por unha parte, trátase de visibilizar referentes profesionais que utilizan o galego como lingua de traballo. Por outra, permite achegar praxes profesionais vencelladas á inserción laboral de diferentes colectivos
Actividades iniciais O profesor realizará unha actividade inicial de sondeo para analizar as ideas previas do alumnado sobre a materia en cada unha das sesións e así conectalas coa información que se vai proporcionar nesa clase