Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Expoñeranse casos reais para ilustrar a aplicación dos contidos teórico - prácticos expostos nas sesións maxistrais
Traballos tutelados O docente propoñerá unha serie de casos similares aos expostos na aula, para que o alumno, individualmente, os elabore segundo as indicacións impartidas na aula.
Proba obxectiva Realizarase un exame de respostas curtas ou tipo test de cada un dos módulos, compostos por 10 preguntas.
Sesión maxistral Consiste na exposición dos fundamentos e das metodoloxías de traballo para poder realizar planificación estratéxica, estudos de viabilidade e o comezo dun proxecto. Asistencia obrigatoria.