Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida As clases en GRUPO GRANDE adicaranse á presentación e discusión do material e dos textos orais e escritos que ilustrarán os conceptos xerais. Asignaranse lecturas, visionados ou audicións para cada clase e cóntase con que o alumnado amose a súa comprensión do material, que terá revisado antes da clase.
Obradoiro Os obradoiros (ou "clases prácticas") terán lugar na aula de ordenadores. Leranse, escoitaranse e analizaranse textos con diferentes variedades do inglés. O alumnado deberá responder a este material por escrito, con frecuencia en Moodle.
Traballos tutelados Diferentes tarefas de redacción nas que oalumnado demostrará a súa comprensión do material. Supervisarase este traballo coidadosamente.
Presentación oral Tarefas que se completarán individual ou colaborativamente nas que o alumnado demostrará oralmente a súa comprensión do material.