Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B2 B3 B4 C1 Tal e como se sinala no punto anterior, a exposición oral do traballo final da materia será puntuada cun máximo de 0,5 puntos (5 sobre 100); valorándose aspectos como a claridade expositiva, a capacidade de argumentación ou a xustificación e coherencia do traballo realizado en relación cos obxectivos marcados. 5
Traballos tutelados A2 B2 B3 B5 B11 C3 C7 C8 C9 O traballo final da materia, entregado a través de Moodle na data acordada ao inicio das clases, será o elemento fundamental de valoración da parte práctica, que sumará un máximo de 5 puntos (50 sobre 100), repartidos do seguinte xeito: 4,5 polo traballo final en grupo + 0,5 pola exposición oral do mesmo.

A non realización dos traballos de aula (os feitos durante as sesións prácticas) será penalizada con 0,5 puntos (5 sobre 100) por cada práctica non entregada.
45
Proba de resposta múltiple B5 C1 Na data publicada no calendario oficial de exames da Facultade, todo o alumnado deberá realizar un exame tipo test sobre os contidos explicados nas sesións expositivas e prácticas da materia.

O exame constará de diversas preguntas con resposta múltiple. Cada pregunta acertada será puntuada con x puntos e cada erro restará a metade de puntos que se obteñan por pregunta acertada, é dicir, dúas preguntas erradas anulan unha acertada. As preguntas sen contestar non penalizan.
50
 
Observacións avaliación

Alumnado presencial

O traballo final debe ser entregado a través do Moodle da UDC na tarefa creada ao efecto, só por un dos/as membros do grupo e antes das 23:59 horas do día previo á súa exposición oral na clase.

Para a avaliación deste traballo final, ademais das cuestións de contido relativas á investigación levada a cabo, serán valorados positiva ou negativamente aspectos formais como a presentación e deseño do documento ou a calidade de expresión escrita, posto que se trata de competencias básicas do alumnado universitario e de reproducir na medida do posible os condicionantes de traballo do ámbito profesional. A nota deste traballo final será a mesma para todos os/as membros do grupo.

Do mesmo xeito, en relación coa exposición do traballo, tamén se avaliará, ademais da capacidade argumentativa, a claridade expositiva e a calidade de expresión oral. Nesta exposición deben estar presentes e intervir todos os membros de cada grupo.

En todas as tarefas e traballos escritos penalizarán especialmente as faltas de ortografía, que, no caso de detectarse máis de tres, serán motivo de suspenso da actividade en cuestión.

Para superar a materia deberá obterse un mínimo 2,5 puntos (25 sobre 100) en cada unha das partes avaliables: exame tipo test e parte práctica (traballo final + exposición oral - prácticas de clase non entregadas).

No caso de suspender, a avaliación na segunda oportunidade será idéntica, pero se o/a estudante ten aprobada unha parte (exame ou práctica), só deberá examinarse da parte suspensa. A vixencia da nota da parte aprobada quedará limitada á convocatoria do ano académico en curso.

Terase en conta na puntuación final da asignatura a asistencia e participación activa nas sesións maxistrais.

Alumnado con dispensa académica

O alumnado con dispensa académica realizará dous traballos prácticos, un idéntico ao traballo final do resto de alumnado, pero neste caso realizado de xeito individual (2,5 / 25 puntos) e outro, acordado co profesor ao inicio de curso, sobre a historia da animación nalgún dos ámbitos xeográficos incluídos no temario (2 / 20 puntos). A valoración da parte práctica complétase coa presentación oral (0,5/ 5 puntos) que, presencialmente ou vía online, faga de ambos traballos; se fora posible, na mesma data e hora que o resto de alumnos/as e, se non, ante o profesor no día e hora que se acorde previamente. A data límite de entrega dos dous traballos serán as 23:59 horas do día previo a esa exposición oral.

Ao igual que no caso do alumnado presencial, para a avaliación destes traballos, ademais das cuestións de contido, serán valorados positiva ou negativamente aspectos formais como a presentación e deseño do documento ou a calidade de expresión escrita; ademais da capacidade argumentativa, a claridade expositiva e a calidade de expresión oral na exposición dos mesmos. Tamén serán penalizadas na mesma medida as faltas de ortografía.

Os 5 puntos restantes (50 sobre 100) correspóndense ao exame tipo test, que deberá ser feito nas mesmas datas e condicións que o alumnado presencial.

Para superar a materia deberá obterse un mínimo 2,5 puntos (25 sobre 100) en cada unha das partes avaliables: exame tipo test e parte práctica (traballos + exposición oral).

No caso de suspender, a avaliación na segunda oportunidade será idéntica, pero se o/a estudante ten aprobada unha parte (exame ou práctica), só deberá examinarse da parte suspensa. A vixencia da nota da parte aprobada quedará limitada á convocatoria do ano académico en curso.