Metodoloxías
Sesión maxistral
Práctica de actividade física
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesor. A forma e o momento en que se desenvolverá esta atención personalizada, indicarase en relación con cada actividade/traballo tutelado ao longo do curso, segundo o plan de traballo da materia.

Cada estudante/grupo, realizará polo menos unha tutoría antes da presentación dos traballos tuteados.

Para os matriculados con dedicación parcial, a materia habilitará unhas titorías especiais, fóra do horario habitual de titorías, tanto de mañá como de tarde, para atender as necesidades e consultas deste tipo de estudantes relacionadas coa materia, e proporcionarlles apoio e orientación sobre os contidos da materia. Estas titorías levarán a cabo tanto de forma presencial, no despacho do profesor, como non presencial, a través de correo electrónico ou medios similares.