Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Método expositivo impartido polo profesor, onde se desenvolve un tema do programa utilizando soporte técnico. Os contidos abordados nas sesions maxistrales, poderanse complementar/reforzar con algunha lectura recomendada, ou ben mediante a posta en práctica de actividades de resolución de problemas, e/ou estudo de casos
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Proba mixta Integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxetivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxetivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación
Proba práctica Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente, algunha práctica que previamente fixera durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluir previamente, a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado, a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida