| Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
| Asignatura | Enfermaría Comunitaria I | Código | 750G01014 | |||||||||||
| Titulación |
|
|||||||||||||
| Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
| Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
||||||||||||||
| Metodoloxías | Descrición |
| Actividades iniciais | Actividades iniciais dirixidas a que o alumno dispoña de información organizada sobre a súa propia saúde e o seu estilo de vida, a fin de poder utilizala como unha liña de base sobre a que articular o proceso de ensino aprendizaxe. |
| Sesión maxistral | Sesións utilizadas para introducir os novos temas ou subtemas, axudando ao alumno a articula-los en torno ao coñecemento do que xa dispón, poñendo atención nos aspectos claves do tema, como en aqueles de máis difícil comprensión, e nas mellores estratexias para aborda-los. Esta metodoloxía realizarase de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre profesorado e alumnado. |
| Lecturas | Textos que permiten afondar nos contidos da materia, ou coñecer aspectos novidosos que non se atopan regularmente nos libros de referencia dos que dispomos. - Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre profesorado e alumnado. |
| Traballos tutelados | Traballo dirixido a aprender o xeito en que se realizan determinados aspectos do coidado para a saúde ou cómo se utilizan os coñecementos, instrumentos ou ferramentas de que dispomos para facilitar o proceso. - Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre profesorado e alumnado. |
| Proba obxectiva | Proba de carácter obxetivo dirixida a avaliar se o alumno acada os obxetivos da asignatura, podendo estar conformada por diferentes tipos de preguntas sexan test, cortas, de asociación, etc... |