O obxectivo xeral desta materia é introducir ós alumnos á realidade do sector da distribución comercial, facendo fincapé na xestión estratéxica desta área do marketing e nas oportunidades que supón para a mellora competitiva das organizacións e para a satisfacción dos seus clientes. Para tal fin, se introducirán o marco teórico e institucional, as grandes tendencias derivadas da internacionalización e aplicación das novas tecnoloxías da información e da comunicación no sector, e as expectativas das partes interesadas nunha xestión sustentable da cadea de suministro. Neste contexto explicaranse o funcionamento e dinámicas dos diferentes canles de distribución, intermediarios e formatos comerciais, tanto offline como online, a relevancia do merchandising e da loxística minorista, e os aspectos éticos e legais da distribución comercial. Se fará especial fincapé na distribución sustentable e a sua relación coa economía circular
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Sesión maxistral (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Teams)
– Sesións interactivas para desenvolver e presentar estudos de caso (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Teams)
– Seminarios (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Teams)
– Proba de resposta múltiple (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Moodle)
*Metodoloxías docentes que se modifican
– Se elimina o requisito de asistencia a partir da suspensión da actividade presencial
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Moodle: De uso para consultar os materiais do curso, solicitar tutorías e facer o seguimento dos estudos de caso.
– Teams: sesións para titorías individuais ou en grupo reducido
4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán cambios
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
Mantéñense os mesmos que figuran na guía docente
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías