A aprendizaxe é unha característica central da intelixencia, e a posibilidade de construír sistemas computerizados capaces de adaptarse á súa contorna aprendendo del é unha cuestión que cada vez suscita máis interese.
Este tipo de sistemas resultan especialmente útiles cando se trata de modelar unha tarefa para a que non existe unha experiencia humana de partida da que extraer un algoritmo, cando este non é fácil de extraer ou cando é necesario analizar un conxunto de datos para poder extraer coñecemento deles. As técnicas de Aprendizaxe Automático permítennos programar estas tarefas utilizando unicamente datos de exemplo ou experiencias pasadas. Neste curso estúdanse as diversas aproximacións aos problemas de aprendizaxe, as súas vantaxes e limitacións, o tipo de problemas para os que son máis adecuadas, así como as condicións de desenvolvemento que deben terse en conta para que este tipo de sistemas e modelos sexan o máis fiable posible.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: Non se producirán cambios nos contidos.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Sesión maxistral, Traballos tutelados, Prácticas de laboratorio, Presentación oral.
Manterase a realización síncrona das actividades ligadas a estas metodoloxías a través de Teams, nas franxas horarias que teñen asignadas no calendario oficial. Estas sesións síncronas poderán combinarse con material dixitalizado (vídeos, presentacións, etc.).
No caso das sesións maxistrais, poderán ser gravadas e postas a disposición do alumnado a través da plataforma Moodle.
No caso das Prácticas de laboratorio realizaranse sesións para o seguimento e apoio na realización das actividades propostas.
Por necesidades docentes técnicas ou organizativas, os estudantes poderán ser asignados a outras franxas horarias, previo acordo estudante/docente.
*Metodoloxías docentes que se modifican: Non se modifican as metodoloxías.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Serán os mesmos que os habilitados en condicións de normalidade (non presenciais).
4. Modificacións na avaliación: As condicións de avaliación contidas na Guía Docente non sufrirán cambios.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se contemplan modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías