O estudo das industrias culturais pretende mostrar aos estudantes que a cultura ten tamén unha importante dimensión económica, empresarial e tecnolóxica. Dentro das industrias culturais adóitase incluír a televisión, a radio, o cinema, os diarios e revistas, os libros, a música, os contidos da internet, os videoxogos e a publicidade. Todas estas son actividades cuxo principal obxectivo é comunicarse cunha audiencia, crear textos.
Desde finais do século XX as tecnoloxías de base dixital propiciaron un revolucionario proceso de converxencia nestas industrias, e diluíron as súas tradicionais diferenzas como soportes de textos.
Os cambios que estamos a vivir, e os que chegaremos a ver, transformaron a maneira como os humanos nos comunicamos a través dos medios, así como a función e organización destas institucións na sociedade.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se farán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral
Aprendizaxe colaborativa
*Metodoloxías docentes que se modifican
Se suprimen proba mixta e e obradoiro por un traballo tutelado.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico. Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento dos traballos tutelados.
Teams. 1 sesión semanal en grupo grande para o avance dos contidos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia.
4. Modificacións na avaliación
Traballo tutelado (60%)
Aprendizaxe colaborativa (40%)
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hay cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías