Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Pedros Fernandez, Oscar
Correo electrónico
oscar.pedros@udc.es
Profesorado
Pedros Fernandez, Oscar
Seoane Prado, Enrique
Correo electrónico
oscar.pedros@udc.es
enrique.seoane@udc.es
Web
Descrición xeral
Deseñar a paisaxe quere dicir establecer as trazas, a organización, a materialización dunha certa idea sobre a configuración da contorna física.
A palabra deseño presupón a vontade de intervir e transformar. Dar forma. Construír unha idea, un horizonte, un lugar…, onde talvez só existía un baleiro, desde a preexistencia natural.
A materia utiliza como vehículo o elemento natural da auga como conformador de paisaxe (feito sensible) e o ciclo hídrico como motor desa xustificación sensible (feito físico).
As leccións que conforman a materia, Proxecto da paisaxe 2, exponse co obxectivo de proporcionar a base teórica precisa para a aproximación ao exercicio de trazado e proxecto da paisaxe. Abordaranse os aspectos metodolóxicos propios da ideación espacial, posto que a paisaxe é a imaxe dun espazo aberto, que se sustentan na aplicación rigorosa da xeometría, no coñecemento preciso do medio no que se vai a actuar, na determinación da finalidade da intervención e na interacción entre proxecto e pensamento, entendido este como a simbiose de formulacións científicas, técnicos, filosóficos e artísticos.
E todo iso insistindo en evidenciar a lectura da realidade “natural” habitualmente alterada por intervencións tantas veces lamentables e admitidas como normais pola carencia dunha óptica sensibilizada, xa sexan trazado de viais, xeometrías de plantacións, infraestruturas agresivas coa contorna, os tapices forestais, as augas , os límites e as periferias, as violencias de escalas enfrontadas xa sexan os vultos urbanos e os dubidosos baleiros públicos que xeran.
Plan de continxencia
No caso de que as limitacións espaciais motivadas polas medidas de prevención e saúde, ou outros condicionantes relacionados coa pandemia, imposibiliten levar a cabo de forma presencial algunha das metodoloxías descritas, estas realizaranse de acordo ao establecido neste plan de continxencia.
1. Modificacións nos contidos
*Non se producen modificacións nos contidos da materia.
2. Metodoloxías
*No caso de restricións á docencia expositiva e interactiva, utilizaranse as canles telemáticas dispostos para o efecto.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
*No caso de restricións, as titorías desenvolveranse a través das canles telemáticas dispostos para o efecto.
4. Modificacines na avaliación
*O sistema de avaliación non se modifica. A asistencia mínima ás clases presenciais xustificarase, neste caso, coa participación activa do alumnado. A non asistencia ou a non participación activa xustificarase adecuadamente e sempre antes da avaliación.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
*No caso de restricións á docencia expositiva e interactiva, adaptarase a bibliografía a documentos dispoñibles na rede ou fornecidos polo profesorado, si estes documentos atópanse libres de dereitos de autor.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías