Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Informática Aplicada á Empresa Código 650G01020
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Silva Coira, Fernando
Correo electrónico
fernando.silva@udc.es
Profesorado
Condori Fernández, Olinda Nelly
Galaktionov Hodovaniuk, Daniil
Silva Coira, Fernando
Correo electrónico
n.condori.fernandez@udc.es
d.galaktionov@udc.es
fernando.silva@udc.es
Web
Descrición xeral Fundamentos da informática, conceptos relacionados co contorno empresarial: codificación da información, sistemas e formatos de arquivo; funcionamento básico dun computador e os principais compoñentes hardware; o software: os sistemas operativos e as linguaxes de programación; introdución á organización da información, as bases de datos; redes de computadores, protocolos de redes, Internet; Seguridade na empresa. Ferramentas informáticas básicas para a xestión empresarial: fundamentalmente, follas de cálculo, mais tamén outras ferramentas ofimáticas e introdución ás bases de datos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Mantéñense tódalas metodoloxías *Metodoloxías docentes que se modifican - Non se realizarán cambios As clases serán impartidas de forma virtual mediante vídeos e/ou reunións síncronas mediante as ferramentas proporcionadas pola universidade. Tamén se proporcionará todo o material necesario para complementar as explicacións. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - TEAMS,Moodle, email: O/a alumno/a poderá solicitar, con previo aviso, titorías personalizados co profesorado da materia mediante diferentes medios. - TEAMS: Nos horarios asignado á materia o profesorado estará dispoñible en TEAMS para a atención e resolución de dúbidas a demando do alumnado. Para dito fin pode empregarse a canle da propia materia ou o chat. - Moodle: Atención aos foros diaria. - Correo electrónico Nos horarios asignado á materia o profesorado estará dispoñible para a atención e resolución de dúbidas a demando do alumnado. 4. Modificacións na avaliación Os pesos das calificacións non ser verán modificados. As probas, entregas e defensas serán de forma non presencial utilizando as ferramentas proporcionadas pola universidade. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías