O principal obxectivo desta materia é familiarizar ao alumno cos aspectos fundamentais dos procesos de toma de decisións das autoridades en materia de política económica. Para iso, preséntanse os conceptos básicos e principios explicativos dos procesos político-econonómicos. En particular estúdanse os principais obxectivos e instrumentos de política económica. O alumno, como consecuencia do desenvolvemento dos aspectos teóricos e prácticos do curso, ten que ser capaz de identificar e interpretar o papel das decisións públicas nos feitos económicos
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen.
Manteñense as mesmas metodoloxías descritas na guía docente do curso.
*Metodoloxías docentes que se modifican.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Teams:
Manteñense as clases nos horarios establecidos.
Tamén se atenden as titorías, tanto grupais como individuais, por esta ferramenta cada vez que os estudantes as solicitan.
Moodle:
Empregase como apoio ás clases, tanto teóricas como prácticas, e tamén para os procesos de avaliación mediante tarefas e probas.
Tamén se emprega para enviar notificacións aos estudantes.
Empregase habitualmente.
Outlook:
Outra canle permanente de comunicación.
4. Modificacións na avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, empregando medios virtuais.
*Observacións de avaliación:
No caso de problemas de conexión, conectividade telemática ou de acceso ao ordenador o día de entrega das probas de avaliación, buscaranse alternativas con estos/as estudantes con posibilidade de realizar esta proba en distintos horarios ou en distinta modalidade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías