NON HAI DOCENCIA. SO DEREITO A EXAME
O principal obxetivo deste curso é conseguir que o alumno e/ou a alumna adquira unha terminoloxía básica e competencia comunicativa falada e escrita con un nivel óptimo de coñecementos para poder utilizar as diversas equivalencias de Español-Inglés, Español-Francés, Español-Portugués en termos técnicos e tecnolóxicos relacionados co mundo xurídico, a Economía e a Ciencia, coa utilización de linguaxe científico-técnica, así como a redacción de correspondencia profesional, curriculun, cartas de presentación ...
Inclúense técnicas metodolóxicas de planificación da escritura, condensación da información, ordenación lóxica da mesma, técnicas para a utilización de correspondencia comercial e manexo de documentos. Linguaxe científico-técnica, xeral e específica, que lle serán útiles o alumno e/ou a alumna no seu entorno académico e no seu futuro profesional.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
NON HAI DOCENCIA
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: segundo necesidade. Empregarase para facer consultas, solicitar titorías virtuais, resolver dúbidas e demáis cuestións relativas á materia.
- Moodle: segundo necesidade. Tanto en situación de presencialidade como de non presencialidade, esta ferramenta utilizarase para comunicarnos co alumnado e facilitarlles o material e os traballos da materia. Ademáis, habilitaranse os foros pertinentes para recoller as dúbidas.
-Teams: empregarase segundo a solicitude do alumnado. Esta ferramenta será utilizada para realizar as titorías de forma virtual.
4. Modificacións na avaliación
- Non se realizarán cambios.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios na bibliografía recollida na guía docente. O alumnado terá dispoñible en Moodle o material empregado en clase, que é o necesario para o estudo da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías