Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Bioloxía Celular Avanzada Código 610441003
Titulación
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Yañez Sanchez, Julian
Correo electrónico
julian.yanez@udc.es
Profesorado
Díaz Prado, María Luz
Yañez Sanchez, Julian
Correo electrónico
luz.diaz@udc.es
julian.yanez@udc.es
Web
Descrición xeral Actualmente a bioloxía celular como disciplina medróu e maduróu significativamente de xeito que os seus límites conceptuais son moitas veces difusos e difíciles de definir. Así, Citoloxia, Bioquímica, Bioloxía Molecular, Xenética e Fisioloxía celular superpóñense en moitos aspectos. En realidade, calquer avance substancial destas áreas implica a utilización de metodoloxías tipificado nunha ou máis dunha área. Este curso céntrase na estrutura e función dos compoñentes celulares cunha visión holística das interaccións entre eses compoñentes para asegurar o bo funcionamento da célula. Sabemos que non é posible cubrir nun único curso todos os contínuos avances en profundidade, polo que trataranse ao longo do curso de aqueles aspectos de relevancia particular para dar unha idea da complexidade subxacente dos procesos celulares. Como éste é un curso avanzado, presúmese que os alumnos teñan coñecementos básicos de Bioloxia celular, xenética, fisioloxía, bioquímica e bioloxía molecular.
Plan de continxencia No caso de que as circunstancias limitaran ou impedisen a presencialidade nas dependencias da Facultade, o alumnado da modalidade presencial pasarían a modalidade docente de tipo híbrido ou non presencial respectivamente cos seguintes presupostos 1. Modificacións nos contidos Non están previstas modificacións dos contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteranse as metodoloxías descritas nesta guia *Metodoloxías docentes que se modifican De se precisaren, adecuaranse as sesións prácticas no laboratorio as circunstancias concretas e, de ser necesario substituiranse por actividades non presenciáis (visionado de videos, casos prácticos, análise e interpretación de datos,...) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención personalizada limitarase a medios telemáticos 4. Modificacións na avaliación De se precisaren, as probas presenciáis faranse de xeito telemático *Observacións de avaliación: Manteranse os criterios de avaliación 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non están previstas modificacións. De se precisen proporcionaranse medios ou fontes complementarias de libre acceso.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías