Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Econometría II Código 611G01027
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Lado González, Eva Mª
Correo electrónico
eva.lado@udc.es
Profesorado
Lado González, Eva Mª
Lodeiro Hermida, Maria Jose
Rey Graña, Carlota
Correo electrónico
eva.lado@udc.es
maria.lodeiro@udc.es
carlota.rey@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia é unha ampliación dos contidos da Econometría I impartida no primeiro cuadrimestre. Nela analízanse diversos temas de gran interese teórico e aplicado para a especificación e estimación de modelos econométricos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen. Manteranse todas as metodoloxías docentes desenvolvidas na guía: - Actividades iniciais - Sesión maxistral - Obradoiro - Prácticas a través de TIC - Proba obxectiva - Atención personalizada Metodoloxías docentes que se modifican: No caso de semipresencialidade compartirase a docencia presencial coa non presencial e no caso de non presencialidade substituirase toda a docencia presencial polas clases en liña; en ambos os casos utilizarase a aplicación Teams para impartir a materia en modo non presencial. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. A resposta a través de calquera destes mecanismos realizarase, preferentemente, no horario de titorías do profesorado, salvo que a demanda de titorías personalizadas obrigue a unha extensión do horario anunciado. - Correo electrónico: Diariamente, segundo as necesidades do alumnado. En calquera momento pódese utilizar esta ferramenta. É de utilidade para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento da materia. - Teams: Tamén se utilizará Teams como medio de comunicación cos alumnos e para a realización das titorías individuais ou grupais, entendendo que esta ferramenta é máis áxil que o correo electrónico polo que poderá utilizarse diariamente, segundo as necesidades do alumnado. - Moodle: Utilizarase o foro de noticias ou novidades de Moodle para poñer en coñecemento dos alumnos todos aqueles aspectos que afecten ao normal desenvolvemento da materia, mantendo desta forma un contacto permanente con eles (aviso sobre datas de probas, instrucións de realización das actividades, cualificacións, cambio dalgunha data sinalada, titorías, etc.). 4. Modificacións na avaliación Observacións de avaliación: En canto á avaliación, tanto na modalidade de semipresencialidade como de non presencialidade, manteranse os criterios de avaliación expostos na guía docente, coa diferenza de que se eliminarán os mínimos necesarios nas probas obxectivas. No caso de que a docencia se leve a cabo de maneira non presencial as probas de avaliación terán que ser realizadas a través da plataforma Moodle ou, de ser posible, a través de Teams, Forms ou calquera outra aplicación que permita a realización de probas e exames. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. Os alumnos terán á súa disposición materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle ou en Teams. Con independencia da modalidade docente poñeranse ao dispor dos alumnos numerosos materiais que permitan preparar os contidos teóricos e prácticos da materia, sendo Moodle ou Teams as aplicacións de referencia como repositorios de todo o material dispoñible para os alumnos. Por outra banda, desde a biblioteca da Facultade de Economía e Empresa informouse, desde o inicio do confinamento polo COVID-19, do acceso aos recursos da biblioteca, que de forma gratuíta e en formato electrónico están dispoñibles tanto para o alumnado como para o profesorado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías