Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Metodoloxía Código 612943308
Titulación
Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial(plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Francés
Inglés
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Dereito Público
Letras
Coordinación
Cernadas Lázare, Marta
Correo electrónico
marta.cernadas.lazare@udc.es
Profesorado
Cernadas Lázare, Marta
Dopico Garcia, Alberto
Correo electrónico
marta.cernadas.lazare@udc.es
alberto.dopico@udc.es
Web http://www.dereito.udc.es/gl/maxe
Descrición xeral NON HAI DOCENCIA. SO DEREITO A EXAME O principal obxetivo deste curso é conseguir que o alumno e/ou a alumna adquira unha terminoloxía básica e competencia comunicativa falada e escrita con un nivel óptimo de coñecementos para poder utilizar as diversas equivalencias de Español-Inglés, Español-Francés, Español-Portugués en termos técnicos e tecnolóxicos relacionados co mundo xurídico, a Economía e a Ciencia, coa utilización de linguaxe científico-técnica, así como a redacción de correspondencia profesional, curriculun, cartas de presentación ... Inclúense técnicas metodolóxicas de planificación da escritura, condensación da información, ordenación lóxica da mesma, técnicas para a utilización de correspondencia comercial e manexo de documentos. Linguaxe científico-técnica, xeral e específica, que lle serán útiles o alumno e/ou a alumna no seu entorno académico e no seu futuro profesional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías NON HAI DOCENCIA 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: segundo necesidade. Empregarase para facer consultas, solicitar titorías virtuais, resolver dúbidas e demáis cuestións relativas á materia. - Moodle: segundo necesidade. Tanto en situación de presencialidade como de non presencialidade, esta ferramenta utilizarase para comunicarnos co alumnado e facilitarlles o material e os traballos da materia. Ademáis, habilitaranse os foros pertinentes para recoller as dúbidas. -Teams: empregarase segundo a solicitude do alumnado. Esta ferramenta será utilizada para realizar as titorías de forma virtual. 4. Modificacións na avaliación - Non se realizarán cambios. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios na bibliografía recollida na guía docente. O alumnado terá dispoñible en Moodle o material empregado en clase, que é o necesario para o estudo da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías