Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Analítica 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 A16 A17 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 A calificación obtida nas prácticas de laboratorio suporá o 20% da calificación da materia. Valorarase a realización axeitada dos prelaboratorios, a destreza na realización do traballo experimental, a interpretación dos datos obtidos, así como a correcta realización dos cálculos, as respostas ás cuestións das devanditas prácticas (que se deberán entregar) e a elaboración da libreta de laboratorio.
20
Solución de problemas A7 A16 A20 B1 B2 B4 C1 O control da asistencia a estas actividades, así coma o traballo realizado antes e durante as mesmas, contribúe na calificación final da materia cun 10%.
Ademáis, a avaliación da aprendizaxe respecto á solución de problemas, tamén se levará a cabo na proba mixta.
10
Proba mixta A4 A7 A20 A21 A24 B1 B2 C1 C6 Proba escrita que constará de preguntas de teoría, teoría aplicada e resolución de problemas.
65
Proba de resposta breve A4 A7 A21 B4 Probas realizadas a través da plataforma Moodle sobre dous dos temas da materia mediante preguntas de resposta breve. Ámbolos dous temas non serán avaliados na proba mixta.
5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia plantéxanse dous requisitos básicos:


1.-Asistencia regular ás actividades avaliables, sendo as prácticas obrigatorias.


2.-Acadar unha calificación mínima en cada unha das actividades avaliables. Tanto na proba mixta e de resposta breve coma nas prácticas e as clases de solución de problemas esta calificación mínima non poderá ser inferior a 4 (sobre 10).


En calquera caso, para aprobar a materia o sumatorio das notas das diferentes actividades non poderá ser inferior a 5 (sobre 10). O alumno obterá a calificación de Non Presentado cando houbese realizado menos do 25% das actividades académicas programadas, e non se presente ao exame final.


No contexto de "avaliación continuada" a "segunda oportunidade de xullo" enténdese coma unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. Polo tanto, para as prácticas, solución de problemas e proba de resposta breve manteranse as calificacións obtidas ao longo do curso, namentres que a calificación da proba mixta de xullo substituirá á obtida na proba mixta de xaneiro. Os alumnos avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se tivese cuberto na súa totalidade na "primeira oportunidade".


Polo que atinxe aos vindeiros cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluído na avaliación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volvería comezar cun novo curso, incluídas tódalas actividades e procedementos de avaliación que sexan programadas para o novo curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes