Para superar a materia hai dous requisitos básicos:
1) Asistencia regular a todas as actividades avaliables, sendo obrigatoria a realización das prácticas da aula de informática (análisis de fontes documentais).
2) Alcanzar unha cualificación mínima de 4 (sobre 10) en cada unha das actividades avaliadas. Para aprobar a materia o promedio de todas as actividades avaliadas non poderá ser inferior a 5 (sobre 10). De non acadar a devandita puntuación mínima nalgunha das actividades, aínda que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a cualificación final será de suspenso (4.0).
O alumno terá a cualificación de Non Presentado cando realice menos do 25% das actividades académicas presenciais programadas, e non se presente a proba mixta (examen final).
No contexto de evaluación continua, as cualificacións obtidas nos seminarios e traballos tutelados, poderán conservarse na segunda oportunidade de xullo, sempre a cando superen a mínima de 4 citada previamente. A cualificación da proba mixta obtida en xullo substituirá á da primeira oportunidade de febreiro.
Os alumnos avaliados na segunda oportunidade solo poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se esgotaron na primeira oportunidade.
Nos siguintes cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluida a avaliación, iníciase de novo, o que implica que o alumno que non supere a materia neste curso deberá realizar todas as actividades programadas para o novo curso.