Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A4 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B8 Na PRESENTACIÓN ORAL avaliarase a competencia comunicativa (comprensión, expresión e interacción orais) do alumnado, así como a correcta execución das tarefas propostas. 15
Obradoiro A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B3 B4 B5 B7 B8 No OBRADOIRO avaliarase a participación, o traballo en grupo, a adecuación, coherencia e cohesión lingüística e de expresión (oral e escrita), así como o correcto desenvolvemento das diversas ACTIVIDADES PRÁCTICAS deseñadas nas aulas de grupo intermedio e reducido. 5
Solución de problemas A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 Nas ACTIVIDADES PRÁCTICAS non presenciais avaliaranse a corrección lingüística, a adecuación, coherencia e cohesión textuais, a competencia comunicativa escrita etc.
Estas actividades, consistentes na redacción en grupo do texto base para a presentación oral e a corrección individual dun dossier de textos, deberán entregarse nos días fixados.
30
Proba mixta A1 A2 A4 A9 A11 A15 A21 A23 A25 B1 B4 B5 B6 B7 Na 1.ª oportunidade (xaneiro) realizarase unha PROBA MIXTA ESCRITA en que se avaliarán os contidos e as competencias adquiridas na materia (nomeadamente a competencia gramatical e a compentencia comunicativa escrita). 50
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS

1.1. Para superar a
materia, é preciso aprobar a PROBA MIXTA ESCRITA, a PRESENTACIÓN ORAL e as
ACTIVIDADES PRÁCTICAS avaliábeis do apartado SOLUCIÓN DE PROBLEMAS (cun mínimo
de 5 puntos sobre 10).

1.2. Todas as probas e
actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística
(ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións,
precisión léxica etc.).

1.3. As actividades
prácticas entregaranse unicamente na aula, en papel, nos días fixados polo
profesorado.

1.4. Aplicarase unha
penalización do 25% sobre a cualificación final de actividades se estas foren
entregadas fóra de prazo sen causa xustificada. Así, se se detectar plaxio,
este levará consigo o suspenso da actividade.

1.5. Os/As alumnos/as que
non superaren a materia en xaneiro poderán recuperala parcial ou totalmente na
2.ª oportunidade (xullo) segundo as normas detalladas na epígrafe seguinte.

 

2. CUALIFICACIÓN FINAL na
2.ª OPORTUNIDADE (xullo)

2.1. Os/As estudantes que
suspenderen a PROBA MIXTA ESCRITA deberán facer outra proba do mesmo tipo que a
da 1.ª oportunidade na data, hora e lugar establecidos no calendario oficial de
exames da Facultade para a 2.ª oportunidade. Esta proba suporá igualmente o 50%
da cualificación final e será preciso obter 5 puntos sobre 10 para aprobar.

2.2. Os/As estudantes que
suspenderen as ACTIVIDADES PRÁCTICAS avaliábeis (que se corresponden co
apartado SOLUCIÓN DE PROBLEMAS) deberán realizar outras actividades
substitutivas que se lles encomendaren e que constituirán o 45% da
cualificación final. Para este efecto, o profesorado da materia fará públicas,
xunto coas cualificacións da 1.ª oportunidade, as instrucións correspondentes
(actividades asignadas, datas de recollida e entrega etc.). Así, igual que na
1.ª oportunidade, o/a alumno/a deberá ter realizado e aprobado (con 5 puntos
sobre 10) todas as actividades que foren solicitadas.

2.3. Os/As estudantes que
non atinxiren a puntuación mínima na PRESENTACIÓN ORAL (con 5 puntos sobre 10),
que supón o 5% da cualificación final, terán que defendela de novo na 2.ª
oportunidade. Esta proba oral realizarase a seguir á proba mixta escrita da 2.ª
oportunidade.

 

3. CUALIFICACIÓN DE NON
PRESENTADO

3.1. En cada oportunidade
de avaliación o/a alumno/a recibirá a cualificación de NON PRESENTADO (NP) se
non se presentar á proba escrita e, alén disto, se o número de actividades
avaliábeis presentadas for inferior ao 50%.

 

4. ALUMNADO A TEMPO
PARCIAL CON DISPENSA ACADÉMICA

4.1. O alumnado
matriculado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida deberá pórse en
contacto co profesorado da materia no inicio do curso para planificar, en cada
situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás
actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais
equivalentes).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes