Todas
as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os
procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao
alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle.
Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis.
O
estudantado a tempo parcial e con dispensa académica realizará ou
entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada
previamente co profesorado. Este alumnado deberá realizar e entregar
as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir
ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do
correo electrónico.
Se
houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas
propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor
responsábel pola materia na sala de
aulas ou através do Moodle. O docente fornecerá, igualmente, as
oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha
das actividades previstas.
As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación
continuada deberán entregar en xullo, nas datas marcadas aos efectos
de avaliación pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren
solicitados e superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas)
marcadas polo profesorado responsábel da materia.
Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non se presentar á proba mixta ou que non presentar ningunha das actividades previstas neste guía.