A asignatura de RELIXION, CULTURA E VALORES ofrécese como optativa a todos os alumnos dos Graos de Infantil e Primaria, e como parte da formación necesaria para a habilitación de profesor de Relixión Católica en Infantil e Primaria. Esta formación deberá completarse nos Centros de Estudios Superiores da Igrexa.
As competencias a que se aspira con esta formación son: o coñecemento das relixións e do cristianismo en particular, os criterios para comprender os conflitos e problemas interculturais e interrelixiosos e o achegamento académico ás orixes do cristianismo e á relixiosidade popular galega.
(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías