Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Química |
Asignaturas |
Ciencia de Materiais |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Ciencia de Materiais | Código | 610G01035 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Na clase maxistral introduciranse os contidos dos correspondentes temas, destacando os seus aspectos máis importantes e deténdose particularmente naqueles conceptos fundamentais e/o de maior dificultade de comprensión para o alumnado. |
Solución de problemas | As clases de solución de problemas estarán adicadas á resolución de problemas e cuestións que se propuxeron con antelación ó alumnado, co fin de que este poida traballar sobre eles antes da correspondente sesión presencial. |
Seminario | Traballo en pequenos grupos que terán como finalidade o estudo dun tópico, dun caso, etc. a través da discusión entre os membros do grupo. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Tamén se contempla a posibilidade, como actividades complementarias, de realizar visitas a centros relacionados coa materia, a asistencia a conferencias científicas, etc. Estas actividades concretaranse durante o desenvolvemento do curso, en función do número do alumnado matriculado, da organización de conferencias de interese por parte do centro ou outros organismos, etc. |
Traballos tutelados | Previamente ás prácticas de laboratorio o alumnado terá que realizar, en base os seus coñecementos e á revisión bibliográfica dos textos propostos, un estudo sobre os aspectos que se van a tratar na práctica. Esta tarefa será supervisada pola profesorado mediante un mínimo de unha titoría individual. Así mesmo, durante a realización do estudo de casos o profesorado realizará ó menos unha titoría para orientar e supervisar o traballo que está realizando o alumnado. |
Prácticas de laboratorio | Traballo de síntese e procesado de distintos tipos de materiais, da súa caracterización e estudo de propiedades baixo a supervisión do profesorado. |
Proba mixta | Proba de conxunto que se realizará no calendario acordado pola Xunta de Facultade. O seu obtivo é contribuír á avaliación do nivel de coñecementos e competencias adquiridos polo alumnado e a capacidade de este para relacionalos e para obter unha visión de conxunto da materia. |
|