Discusión dirixida |
A12 B2 B4 B10 C1 C4 C6 |
Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas e teóricas formuladas nas sesións interactivas. Poderanse realizar probas escritas. |
10 |
Proba obxectiva |
A6 A8 A11 B3 B5 C1 |
Ademais das probas finais realizaranse probas parciais durante o curso que computarán para o cálculo da cualificación final. |
70 |
A asistencia ás clases é imprescindible para a valoración de casos, discusións, solución de problemas e para a realización das probas parciais. Para superar a materia será necesario alcanzar unha cualificación de 5 sobre 10. Nas probas finais deberase obter polo menos 3 puntos dos 7 máximos, que deberán completarse ata chegar ao 5 coa puntuación acumulada durante o curso, ou obterse directamente na propia proba
A cualificación de non presentado corresponderá ao alumnado que non participe en actividades de avaliación ou que soamente o faga naquelas que supoñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación total, independentemente da que sería a cualificación final obtida Utilizarase a bibliografía recomendada, así como o material entregado nas clases.
Aconséllase que se resolvan sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose necesario.
|