Esta materia, fortemente relacionada coa teoría económica, a estatística e as matemáticas, é unha continuación da Introdución á Econometría do Grao en Administración e Dirección de Empresas e centrase, basicamente, en proporcionar un soporte axeitado que permita unha posterior ampliación dos coñecementos no marco da disciplina. A utilización de técnicas de inferencia estatística e a valoración da posible aplicación dos modelos con fins predictivos, constitúen a base da primeira parte do temario. Na segunda parte analízanse as causas e as consecuencias do incumprimento dalgunhas das hipóteses clásicas e, tamén, o seu posible tratamento no ámbito econométrico.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías