Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Subjects
  Literatura e espectáculo
   Methodologies
Methodologies Description
Directed discussion Os alumnos participarán –presencialmente ou através do espazo de traballo colaborativo en liña– en discusións dirixidas polo profesor, sobre temas atinentes aos contidos da materia. Previamente, deberán preparar as discusións coa lectura de artigos especializados.
Oral presentation Destinaranse as sesións presenciais pertinentes á presentación oral dos traballos individuais tutelados, destinando uns minutos ás preguntas e retroalimentación dos mesmos por parte dos compañeiros.
Workbook Será preciso realizar nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a elaboración do traballo.
Introductory activities Realizarase unha breve presentación individual relativa aos intereses persoais sobre a materia, os coñecementos básicos e as espectativas sobre o módulo.
Supervised projects O alumnado realizará individualmente un traballo de investigación -orixinal, rigoroso e de extensión limitada-, ora de adaptación dramatúrxica, ora de análise da adaptación ao audiovisual dun texto literario, ora doutro tema relacionado cos contidos e combinado co docente. Nas primeiras sesións serán determinadas tanto a data de comunicación do tema como a de incorporación ao espazo virtual colaborativo da versión definitiva. Tamén se ponderarán co profesor e os compañeiros as estratexias de elaboración.
Guest lecture / keynote speech Nelas o profesor presentará conceptos e estratexias que posteriormente se desenvolverán nas sesións prácticas e cuxo coñecemento será exixido para a superación do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes