Sesión maxistral |
A1 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C3 C6 C7 C8 |
A participación nas aulas maxistrais e a entrega de exercicios curtos prantexados de una clase para a seguinte |
10 |
Traballos tutelados |
A15 B1 B2 B3 B4 |
Dous traballos dunha maior extensión, que serán realizados ao longo do curso baixo a supervisión dos docentes |
20 |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE A primeira oportunidade será avaliada do seguinte xeito: - O 50% da nota global da materia corresponderá a unha proba escrita teórica sobre os coñecementos e competencias adquiridos ao longo do curso. Será precisa unha NOTA MÍNIMA de 5 (sobre 10) nesta proba escrita para superar a materia.
- O 20% da nota global da materia corresponderá a dous traballos tutelados que deberán ser desenvolvidos ao longo do curso, utilizando os recursos da aula informática.
- O 25% da nota global da materia corresponderá ao desenvolvemento das prácticas na aula de informática ao longo do curso. Será preciso ter entregado todas as practicas e os dous traballos tutelados antes do exame, na data que se indique, para poder aprobar a materia.
- Finalmente outro 5% da nota corresponderá á participación nas aulas de teoría e a resolución e entrega dos exercicios curtos que se propoñan na mesma nos diferentes temas.
OBSERVACIÓNS: - Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba escrita teórica.
SEGUNDA OPORTUNIDADE Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade A segunda oportunidade constará de tres partes: - Proba escrita teórica (50% da nota final), para recuperar a nota da proba teórica da primeira oportunidade. Será precisa unha NOTA MÍNIMA de 5 (sobre 10) nesta proba escrita para superar a materia.
- Proba escrita práctica (30% da nota final), para recuperar a nota das actividades prácticas dos grupos medianos.
- Dous traballos prácticos (20% da nota final) para recuperar a nota dos traballos tutelados. Estes traballos poderán ser, a criterio dos docentes, os mesmos da primeira oportunidade ou outros de similar dificultade. O enunciado dos traballos será publicado no Moodle da UDC logo de publicarse as cualificacións definitivas da primeira oportunidade.
OBSERVACIÓNS: - Cada estudante poderá escoller se opta a recuperar unha, dúas ou as tres partes.
- Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das tres partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
- Os/as estudantes con nota inferior a 5 na proba escrita teórica na primeira oportunidade deberán recuperar esa parte na segunda oportunidade para aprobar a materia.
DISPENSA ACADÉMICA Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade demostrar o seu desenvolvemento no manexo das ferramentas informáticas usadas nos grupos medianos mediante un exame práctico que valerá o 30% da nota e entregar os dous traballos tutelados. Para a segunda oportunidade examinaranse como o resto do alumnado.
|