IMPORTANTE:Para
superar a materia, a suma das distintas probas,projecte demáis
actividades avaliables deberá ser5sobre
10, tendo en conta que a cualificaciónmínimadas
probas obxectivas de Use of English e das probas que avalían as catro destrezas
deberá ser de 4 puntos sobre 10. Os alumnos que acaden máis dun 5 nas probas
prácticas de "Use of English" feitas ao longodocuadrimestre estarán
exentosdoexame de "Use of English" na proba obxectiva de xaneiro.
Aplicarase unha penalizacióndo25% sobre a cualificación final de
traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa
xustificada. Os traballos con evidencia de plaxio serán cualificados
automáticamente coa calificación de 0.
Os alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de
xaneiro ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máisdo50% de
actividades durante o curso.
A participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como
todo o material de "extra-credit" que o alumnado realice ao longodocuatrimestre,
poderá supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe traballos
voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo
profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada polo profesorado.
AVALIACIÓN XULLO:Os/as
estudantes que en xuño non superen a materia ou aqueles que teñanmenos dun 4nalgunha
das partes –aínda que a nota total sexa superior a 5– deberán ir á oportunidade
de xullo, na que o alumnado terá que demostrar ter alcanzado as competencias da
materia mediante a superación de probas nas distintas destrezas, redaccións
sustitutorias das feitas na aula, traballo escrito e defensadomesmo en
sustitucióndo"project", lectura de narracións breves e, e unha
entrevista oral individual co profesorado. As instruccións e porcentaxes
concretas faranse públicas despois da publicación das cualificacións finais en
xaneiro.
Alumnado con dispensa:O alumnado matriculado a tempo
parcial e que teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a
Normativa desta universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades
seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.
Atención á diversidade:Existe unha oficina (ADI) na universidade que se
especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con
necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza
fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa
profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en
contacto coa ADI enhttp://www.udc.es/cufie/uadi/.
Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de emailadi@udc.es.