Guía DocenteCurso Facultade de Informática |
Grao en Enxeñaría Informática |
Asignaturas |
Programación II |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Programación II | Código | 614G01006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | A3 B1 B3 C6 | Valoraranse os resultados, forma e condicións de realización de diversos traballos puntuables que se detallarán durante o curso e que se resolverán nas titorías de grupos reducidos. | 10 |
Prácticas de laboratorio | A4 B1 B3 C3 C6 | Realización obrigatoria segundo as condicións establecidas no enunciado de cada práctica. Necesario aprobar as prácticas para superar a materia. | 20 |
Proba obxectiva | A3 A4 B1 B3 | Realización obrigatoria. Necesario aprobar a proba para superar a materia. | 70 |
Observacións avaliación | |||
Traballos prácticos - No se permitirán cambios de parellas de prácticas. - Soamente os alumnos con cualificación de NON APTO ou NON PRESENTADO en prácticas na primeira oportunidade poderán entregar os traballos de acordo ao enunciado práctico que se propoña para a segunda oportunidade. - De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, o plaxio dos traballos prácticos levará unha nota global de NON APTO, tanto ao estudante que presente material copiado coma a que o facilitase, e polo tanto a cualificación de SUSPENSO na convocatoria anual. Primeira e segunda oportunidade - As cualificacións obtidas en actividades como prácticas e titorías de grupo serán válidas tan só para o curso académico no que se realicen. Manteranse para aqueles alumnos suspensos ou non presentados na primeira oportunidade, que só terán a opción de realizar de novo as prácticas para mellorar a nota. Matrícula a tempo parcial - Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa situación ao profesorado. Non presentado - Terá a condición de “Non presentado” (NP) quen non concurra á proba obxectiva no período oficial de avaliación. Oportunidade adiantada de decembro - A avaliación da oportunidade adiantada basearase exclusivamente nunha proba escrita. * Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013. |
|