Directed discussion |
Trátase de levar a cabo debates nas clases sobre temas da realidade das políticas e dos servizos sociais, requeríndose a participación e o interese do alumnado. Tanto na fase expositiva da asignatura como na parte de traballos titorizados ou da propia investigación a levar a cabo o debate, tanto particularizado como colectivo, se plantexa como unha ferramenta pedagóxica moi útil.
Nesta parte da asignatura tamén se procura fomentar o traballo e espírito de equipo, noutras palabras, desenvolver a chamada intelixencia social; de xeito que o alumnado poda ver por sí mesmo as ventaxes de xuncir esforzos, fronte á empresa individual. Para acadar isto, así como para o conxunto da asignatura, se presenta o contido referido á parte práctica, no que tamén resulta fundamentel a discusión dirixida, tanto nas clases como nas titorías. |
Document analysis |
Tanto no coñecemento dos contidos da asignatura como para a realización dos traballos e a investigación, resulta necesaria a familiarización, consulta e coñecemento das diferentes fontes de información secundaria, entre as que nesta asignatura destacan indicadores, bases de datos, informes, estatísticas, etc. |
Workbook |
Lectura, por parte do alumnado, de textos fundamentais ou relacionados coa asignatura, entre os indicados polo profesor e, no seu caso, propostos polo propio alumnado; así como aqueles outros necesarios para levar a cabo os traballos titelados e a investigación final. |
Supervised projects |
Para a elaboración do traballo de investigación, establécense partes, entregas e titorías específicas, de xeito que a parte práctica da asignatura consistirá básicamente no desenvolvmento destas titorías. O alumnado deberá pasar por elas, tanto para ir conformando os contidos das diferentes partes da investigación principal como para facer as entregas das diferentes partes da mesma, segundo o calendario que se determine. Ditas partes son: proxecto, marco teórico, parte empírica, análises e conclusións. Estas partes se entregarán en prazo en formato arquivo mediante correo electrónico. |
Research (Research project) |
A asignatura consiste na demostración por parte do alumnado do que sabe facer, polo que o proxecto de investigación e o seu resultado constitúen o eixo central tanto do traballo a desenvolver como da avaliación da asignatura.
Trátase da elaboración dun traballo individual ou en equipo, que se concertará co profesor, dentro dunha relación amplia de temas posibles: poderá ser de carácter xeral ou específico sobre algún aspecto concreto da realidade das políticas e servizos sociais.
Este traballo deberá ser teórico práctico. É dicir, na parte teórica se explicitarán aqueles contidos vistos en clase e outros recopilados polo alumnado sobre a información existente sobre o tema escollido, para dominalo e que non se den repeticións nin erros. Mentras que a parte práctica ou empírica deberá reflictir a información primaria que aporta o alumno/a sobre o tema (ben perante técnicas de recollida de información, como son as enquisas, entrevistas, grupos de discusión, etc. ou ben perante a observación, experiencias ou outras aportacións).
O traballo entregarase en arquivo adxunto perante correo electrónico. |