Discusión dirixida |
Comentario e debate, durante a segunda parte de cada sesión, de materiais textuais -artigos de revistas, capítulos de libros, concernentes aos pormenores, problemas e aplicación práctica de diferentes técnicas de investigación de utilidade etnográfica. O obxectivo da discusión será o desenvolvemento polo alumno dunha capacidade crítica e unha conciencia da diversidade cultural, así como o recoñecemento da complexidade dos problemas socioculturais e a necesidade de adecuar os instrumentos de investigación etnográficos aos casos de estudo específicos. |
Traballos tutelados |
Concíbese como unha proba práctica que se irá realizando ao longo do curso. Consistirá nun traballo de curso desenvolvido mediante a práctica da observación participante ou multisituada, a entrevista semiestruturada, a análise dun caso de narrativa popular, e/ou o ensaio do rexistro e a interpretación 'técnica' dunha historia de vida. O seu obxectivo é que o alumno desenvolva coñecementos e habilidades na proxección básica da investigación etnográfica, no emprego das técnicas de traballo de campo, e se exercite sobre o terreo en valorar criticamente o coñecemento, técnicas e información dispoñibles para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |