Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Arquitectura |
Grao en Arquitectura |
Asignaturas |
Física 2 |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Física 2 | Código | 630G01013 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Presentación sobre a materia, explicando o seu funcionamento e obxectivos. |
Sesión maxistral | Clases nas que o profesor exporá na lousa ou con medios audiovisuais parte dos contidos teórico prácticos da materia. . |
Solución de problemas | En clase de grupo reducido o profesor exporá unha serie de casos prácticos que o alumno resolverá, de forma parcial ou total, coa axuda e consello do profesor. |
Proba obxectiva | Exporanse problemas numéricos e gráficos sobre os contidos da materia e a bibliografía de apoio. Servirá para avaliar o nivel de aprendizaxe por parte do alumno de aspectos prácticos da materia |
Proba de resposta múltiple | Un test de resposta múltiple servirá para avaliar o nivel de aprendizaxe por parte do alumno de aspectos teórico prácticos da materia. |
Esquemas | Breves introducións en cada tema tratan de relacionar os contidos dentro do mapa de coñecementos da materia na carreira a modo de esquema |
Glosario | O alumno elabora unha folla resumen con definicións, formulación e unidades físicas relacionadas con cada un dos temas da materia. |
Traballos tutelados | Os alumnos entregarán ao profesor polo menos cinco problemas resoltos de cada un dos temas da materia, han de ser realizados de forma individualizada e personalizada, entregaranse en papel formato A4 manuscrito. Servirán, xunto co cumprimento dos requisitos de asistencia, para poder acceder á nota complementaria da materia. |
Lecturas | O alumno selecciona e analiza exercicios e/ou teoría sobre mecánica na bibliografía básica e complementaria sinalada polos docentes nesta guía |
|