Actividades iniciais |
O corazón das actividades que os alumnos desenvolverán será un traballo práctico, de análise crítico de asuntos de interese docente referidos ao Hábitat, as súas estratexias, procesos e outras circunstancias, nalgún ámbito determinado. Entendemos que a escolla dese ámbito forma parte do Trabajo Tutelado e neste caso é unha actividade de extrema importancia xa que o resultado da investigación que realice cada estudante depende en boa maneira nunha axeitada e ben formulada elección do ámbito de estudo e do establecemento das hipótesis apropiadas de traballo para aquel.
Por esta razón ista actividade ten de ser meticulosa, requerindo un grande empeño persoal do estaudante alén das aulas. |
Lecturas |
Boa parte dos materiais sobre os que se sustentará a análise que se deberá realizar o alumno haberán de ser localizados en fontes escritas, por iso espérase unha ampla dedicación á procura hemerográfica.
Ademais diso, dada a actualidade dos temas abordados nesta materia e o seu impacto social faise necesario acudir a fontes bibliográficas vivas, non necesariamente procedentes do ámbito da arquitectura, para construír os discursos teóricos necesarios. |
Saídas de campo |
Realizarase unha ruta crítica -peonil ou ciclista- a través de tecidos urbanos caracterizados pola súa diversidade morfolóxica e a presenza dun parque edificado representativo de todas os procesos formais e informais de construción do hábitat.
Ao longo da ruta sucederanse sesións críticas colectivas, acompañadas de leccións disparadoras.
Esta ruta realizarase nunha contorna próxima á Escola de Arquitectura, que os alumnos cren coñecer. |
Traballos tutelados |
O obxectivo da materia é adestrar ao estudante na análise para a intervención, procurando fontes de información diversas e apoiándose no traballo de campo.
Todo esto estrutúrase nun Traballo Tutelado, que haberá de realizarse ao longo do período docente dacordo cunha metodoloxía científica e acompasándose ás leccións teóricas impartidas polo profesorado.
Producirase un documento final no que tódolos seus contidos deberán ser expresados con estratexias comunicativas axeitadas. avanzadas. |