Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da lingua castelán
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Didáctica da lingua galega/652G01015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Didáctica da lingua estranxeira/652G01026
Literatura infantil e a súa didáctica/652G01024

Observacións

Observacións

Malia achárense implícitas no enunciado das competencias da materia, convén poñer por escrito algunhas advertencias ás que debe atender quen queira superala sen atrancos:

  1. Os erros na grafía das palabras, o desleixo no emprego dos signos de puntuación, a carencia das ferramentas léxicas e gramaticais necesarias para se elevar por riba do estilo conversacional, a incapacidade de artellar textos extensos sen mingua da cohesión e da coherencia, etc., non son chatas ante as cales caiba pechar os ollos. Nunha aula universitaria, constitúen faltas graves e deben, xa que logo, penalizarse con rigor: o correcto dos «contidos» non é circunstancia atenuante.
  2. Entre as habilidades que o estudantado universitario debe adquirir, ocupa unha posición destacada a de recoller información con bo siso e empregala con honradez:
    • Dicir que o/a estudante debe recoller información bo siso é tanto como dicir que debe recollela selectivamente. Entre a morea de fontes de información que Internet lle brinda, debe saber elixir as de augas máis limpas, e afastarse dos mananciais avoltos (v. gr., a célebre Wikipedia) e das pozas de augas lamacentas (v. gr., Buenas tareas ou El rincón del vago). Así mesmo, debe ser quen a explorar e utilizar os fondos biblio- e hemerográficos da Biblioteca Universitaria.
    • Dicir que o/a estudante debe empregar información con honradez é tanto como dicir que debe declarar abertamente todas as súas débedas intelectuais. Quen reproduce palabras alleas está obrigado a indicar onde as atopou e quen as escribiu. A infracción desta norma será castigada con dureza: un so caso de corta-e-pega nun traballo supón un suspenso inmediato (coa cualificación de cero).
  3. Os Estatutos da Universidade da Coruña dispoñen que a asistencia ás aulas é, ante todo, un dereito que se lle recoñece ao estudantado (art. 66). O Estatuto do estudantado inclúe entre os seus deberes, porén, o de «cumprir coa actividade académica específica dos estudos en que se matriculen, participando nas clases, teóricas e prácticas, así como en todas as actividades previstas na programación docente de cada unha das materias» (art. 44; cursivas engadidas). Existe, pois, un conflito normativo. Cando este se resolva, caberá tomar decisións no tocante ao peso da asistencia na avaliación e cualificación das materias. Entrementres, semella razoábel absterse de penalizar as faltas de asistencia, agás cando entrañen o deixamento de actividades de carácter obrigatorio: exercicios escritos, exposicións orais, exames, etc.

Aclaración

O idioma vehicular da materia Didáctica da lingua castelá será, por suposto, o castelán. Se esta guía docente se escribe en galego, é consonte as prescricións do Regulamento de usos da lingua galega na Universidade da Coruña, cuxo artigo 2.4 reza:

Os centros e departamentos da Universidade da Coruña, da mesma maneira que as dependencias administrativas e de servizos, terán como lingua de uso o galego. Así mesmo, os documentos que os departamentos e as entidades institucionais elaboren: as memorias, as actas, as comunicacións oficiais para os taboleiros de anuncios, os programas das materias, etc., redactaranse en galego.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes